Un veciño do Saviñao pide ser operado para volver traballar na construción

Presentou reclamación no servizo de atención ao paciente do hospital comarcal de Monforte e explica que as molestias e a dor van en aumento e que acumula moitos meses de baixa
Hospital de Monforte. TOÑO PARGA (AEP)
photo_camera Hospital de Monforte. TOÑO PARGA (AEP)

Un veciño do Saviñao, J.M.R., agarda desde o pasado mes de xuño por unha operación de hernia inguinal a pesar de que xa pasou todas as consultas médicas, o preoperatorio e mesmo asinou as autorizacións pertinentes para a intervención. O home, que presentou reclamación no servizo de atención ao paciente do hospital comarcal de Monforte, explica que as molestias e a dor van en aumento e que acumula moitos meses de baixa.

Traballa no sector da construción e arranxo de estradas e a súa patoloxía non é compatible coa actividade. Ademais, teme que as probas e o preoperatorio realizado no pasado mes de xuño caduquen e que teña que repetir todo o proceso se non lle chaman de inmediato.

J.M.R. explica que hai un ano empezou con molestias na íngua e notou un vulto. Acudiu ao centro de saúde e o médico de Atención Primaria cursou a súa baixa médica e derivoulle ao hospital. "Daquelas todo avanzou moi rápido, pero dende aquelas está todo parado". Dice saber que hai intervencións máis graves, "pero preocúpame a miña situación porque non poida reincorporame ao traballo, que é o que quero".

Comentarios