Martes. 25.06.2019 |
El tiempo
Martes. 25.06.2019
El tiempo

Tomé: "A Deputación non é hoxe o meu obxectivo; a miña prioridade segue sendo Monforte"

José Tomé. TOÑO PARGA
José Tomé. TOÑO PARGA

Asegura que a súa principal prioridade é o municipio e levar a cabo un amplo plan de iniciativas

FOI UNA VITORIA rotunda grazas ás 5.373 papeletas que acabanaron nas urnas montadas este domingo nas 26 mesas electorais de Monforte. Por se alguén aínda non se decatou foron a parar ó PSOE que lidera José Tomé Roca desde o ano 2003. Eufórico polos resultados, pero, asegura, cos pés no chan, di que non aspira a máis nada que a traballar polo municipio, que a presidencia da Deputación de Lugo, como algúns pensan, non é o seu obxectivo.

De verdade, esperaba os resultados obtidos?
Contabamos ter uns bos resultados, entre nove e dez concelleiros, polo que non foi unha sorpresa lograr once. Con todo, non deixa de enchernos de ledicia que os monfortinos, de forma tan maioritaria, apoiasen o noso proxecto de futuro para o municipio e o traballo realizado durante o últimos catro anos. Se nos remontamos ás primeiras eleccións municipais, que arrincaron en 1979, non houbo nunca unha maioría absoluta tan sólida. Celestino Torres foi o que máis votos conseguiu no seu día, co 61,9 por cento dos emitidos. Nós alcanzamos nestes comicios o 64,7. O crecemento exponencial foi tremendo, pois crecemos en concelleiros un 83 por cento. Acórdese de que tiñamos cinco e agora once.

Foi capaz de dixerir tales resultados, tales cifras?
O meu grupo asumiunas con normalidade. Estamos contentos, si, pero somos xente práctica. Seguiremos traballando para dar solucións aos principais problemas de Monforte. Se nos últimos catro anos así o fixemos a pesar da dura oposición que sofrimos, de acoso e derribo, a partir de agora as cousas cambiarán. É algo que poderán comprobar en nada os veciños.

Quero deixar claro que non me propuxen para o cargo e que ninguén mo pediu, pero estou ao servizo do PSOE

Penso que xa ten en mente ás primeiras accións de goberno do novo mandato.
O primeiro que farei será sacar adiante os orzamentos municipais para o presente exercicio económico, os que tombou a oposición meses atrás, para cumprir coas asociacións que operan no municipio e que dependen moito das subvencións locais para o seu funcionamento. A partir de aí traballaremos para aprobar o plan especial de protección do casco antigo, iniciar os estudos do xeral de ordenación municipal, levantar unha nova ponte no Paseo do Malecón para facer peonil o medieval e seguir mellorando tanto a trama urbana como a rural, sen esquecernos dos servizos sociais, por suposto.

Falamos de rodete puro e duro pola maioría absoluta ou dun goberno que escoite aos veciños?
Creo que está demostrado que escoitamos aos veciños e que demos solucións ás súas principais inquietudes. Doutra maneira non conseguiríamos eses 5.373 votos. Penso que o traballo foi bo e seguriemos nesa liña.

Escóitanse voces de que pretende postularse como presidente da Deputación de Lugo. É certo?
Quen me coñece sabe que a miña principal preocupación, ao igual que o meu interese, é Monforte. Levou moitos anos tentando chegar á alcaldía para desenvolver un proxecto para que a capital da Ribeira Sacra teña o que se merece. Ese é o meu empeño. Por outra banda, creo que o presidente da Deputación de Lugo durante o últimos catro anos, Darío Campos, fixo un excepcional traballo e, polo demais, no que se refire ao futuro do organismo provincial e a súa presidencia, teño que dicir que se trata dunha decisión do partido.

Descártase como posible presidente?
Estou e estarei ao servizo do PSOE. Quero deixar claro que non me propuxen para ocupar ese cargo e que ninguén mo pediu. Insisto en que se trata de algo que polo momento non toca. Primeiro haberá que elixir aos deputados provinciais da nosa formación e logo designar a alguén, consensuado, para que estea á fronte da Deputación. Non quero ser pesado, pero este é un tema que a día de hoxe non me preocupa. O que queróo é poñer en marcha Monforte cun un proxecto de futuro.

Tomé: "A Deputación non é hoxe o meu obxectivo; a miña prioridade...
Comentarios