Rosana Prieto presenta a candidatura do BNG en Pantón

A concelleira quere "un goberno de igualdade vivas onde vivas e sexas da familia que sexas" nun acto no que participou o deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego
 
A presentación da candidatura do BNG en Pantón EP
photo_camera A presentación da candidatura do BNG en Pantón EP

O BNG presentou na mañá deste domingo a súa candidatura ao 28-M en Pantón. A candidata e voceira no pleno da corporación, Rosana Prieto, amosouse convencida de que a formación nacionalista apostará por un goberno "de igualdade, vivas onde vivas e sexas da familia que sexas".

No acto participou o deputado no Congreso, Néstor Rego, quen reivindicou o papel do BNG en Madrid e nos concellos. "Onde gobernamos avanzamos", dixo Rego, quen subliñou que nas eleccións municipais "gozaremos do recoñecemento dos veciños e veciñas de Pantón".

O deputado indicou que ser concelleiro na oposición (en Pantón goberna o PP por maioría absoluta) "é bater contra un muro, pero este muro caerá".

Néstor Rego acompañiu a Rosana Prieto na presentación da candidatura de Pantón
Néstor Rego acompañou a Rosana Prieto na presentación da candidatura de Pantón. EP

Pola súa banda, Rosana Prieto defendeu a oposición "construtiva" da súa formación no último mandato e criticou o goberno local por "votar en contra de todas as nosas propostas só por ser do BNG".

A candidata nacionalista dixo que no programa incluirán propostas para incentivar o turismo, recuperar as xornadas do románico, instaurar unha bolsa de vivenda para "poñer en valor as casas de aldea e abaratar o acceso á vivenda da xente nova" e defender a sanidade pública "sen ir a outro concello".


 

Comentarios