domingo. 31.05.2020 |
El tiempo
domingo. 31.05.2020
El tiempo

O Quiroga 'ofrece' o seu estadio para xogar o polémico Boca-River

Letreiros no Estadio Municipal San Martiño. TWITTER
Letreiros no Estadio Municipal San Martiño. TWITTER

O lugar onde se disputaría a final da Copa Libertadores entre Boca e River era unha incógnita ata este xoves. Ante tal situación, o Quiroga Fútbol Club aproveitou para lanzar unha suculenta proposta á Conmebol, ofrecendo o seu estadio para disputar o polémico partido.

O clube quirogués publicou unha irónica mensaxe en Twitter mencionando á Confederación Sudamericana de Fútbol, na que mostra varias imaxes do terreo de xogo.
"Oye Conmebol, os ofrecemos nuestro humilde estadio para la final de la Copa Libertadores. No es gran cosa pero es acogedor", indicaron.

Nas fotos pódese ver un rabaño de vacas pacendo no verde céspede do Estado Municipal San Martiño, así como do seu confortable "palco VIP" . 

Pese á iniciativa dos quirogueses, a Conmebol decidiu finalmente que o encontro se xogue no Santiago Bernabéu.

O Quiroga 'ofrece' o seu estadio para xogar o polémico Boca-River
Comentarios