Quiroga celebrará a súa Mostra do Aceite o 29 de maio

O muíño de Bendilló volverá ser o escenario do evento, que chegará á edición número 22 ► O prazo de inscrición abrirá o vindeiro luns o prazo para a inscrición de produtores
Unha produtora vende aceite na Mostra de 2019. AEP
photo_camera Unha produtora vende aceite na Mostra de 2019. AEP

O Concello de Quiroga celebrará o domingo 29 de maio a edición número 22 da súa Mostra do Aceite. Será, coma sempre dende os inicios, no muíño de Bendilló. O prazo para que produtores do municipio poidan inscribirse quedará aberto o vindeiro luns, día 25, ata o sábado 29.

O número de colleiteiros está limitado a seis, polo que os interesados en participar serán seleccionados por orde de inscrición no rexistro de entrada das oficinas municipais. É preciso contar co rexistro sanitario vixente e ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite. No momento de formalizar a inscrición é obrigatorio presentar unha mostra dun litro de aceite nun envase de cristal para realizar posibles catas.

A comisión organizadora reunirase nos vindeiros días para pechar un programa que, segundo adiantaron, manterá a liña do ano pasado, cando se desenvolveu baixo un estrito control das medidas sanitarias malia a pandemia. A última edición foi máis etnográfica que festiva e a moenda tradicional do aceite dentro do muíño tivo máis protagonismo que outros anos.

Comentarios