jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

Premios para os espazos verdes de Chantada

Acto de entrega do premio Vilas en Flor. TOÑO PARGA
Acto de entrega do premio Vilas en Flor. TOÑO PARGA

A vila recolleu o seu premio Vilas en Flor

Os veciños de Chantada xa teñen o premio Vilas en Flor, que promove a fundación Juana de Vega e que recoñece o traballo en zonas verdes, paisaxismo e xardíns dos concellos galegos.

Este municipio e o de Allariz (Ourense) recibiron a puntuación máis alta (catro flores) entre todos os presentados. A entrega de premios tivo lugar onte no auditorio municipal coa asistencia de representantes de Juana de Vega e do concello.

Agora, o equipo encargado de coidar os espazos verdes de Chantada quere traballar arreo para manter o galardón nos vindeiros anos, xa que o premio depende de revisións anuais, e chegar ás cinco flores.

Premios para os espazos verdes de Chantada
Comentarios