A Pinguela consegue un ouro e tres pratas no campionato provincial de orientación

O instituto monfortino participará no Galego do 23 de abril logo de triunfar nunha proba que contou coa participación de 380 atletas de Lugo

Os atletas do IES A Pinguela participantes. EP
photo_camera Os atletas do IES A Pinguela participantes. EP

O instituto A Pinguela conseguiu unha medalla de ouro e tres de prata no campionato provincial de orientación, celebrado en Lugo. Os resultados permitíronlle ao centro de ensino secundario de Monforte facerse cunha praza no Galego, que terá lugar o vindeiro 23 de abril.

Este torneo, no que participaron 380 atletas da provincia, tivo lugar nas categorías infantil e cadete. Enmárcase no programa Xogade, organizado polo servizo provincial de deportes e a Federación Galega de Orientación (Fegado). Ademais, a competición contou coa colaboración do Concello de Lugo e do Club Fluvial.

O equipo feminino cadete foi o que rematou no primeiro posto, conseguindo a medalla de ouro. As pratas foron para o cadete masculino e os infantís masculino e feminino.

Comentarios