O Oso de Salcedo baixa "só e ao calado" para anunciar que chega a primavera

O Oso de Salcedo. AV OSO DE SALCEDO
photo_camera O Oso de Salcedo. AV OSO DE SALCEDO

O Oso de Salcedo non faltou a súa cita neste Entroido, aínda que o fixo só e consciente dos tempos que corren. 

"O noso Oso entende que os tempos son os que son. E marcha contento coa esperanza de levar dobre ración o próximo ano. Viva o Oso de Salcedo!", explicaron desde a asociación de veciños da localidade brollonesa. 

En condicións normais, o Oso baixaría acompañado dun nutrido grupo de criados que percorren as rúas da aldea e tinguen de negro a todo aquel que se interpón no camiño. Os que intentan frealo acaban polo chan, en moitas ocasións sen roupa e completamente embadurnados por unha mistura de barro, cinsa e auga cociñada para a ocasión.

Baixou o Oso só. Baixou ao calado para ser responsable. Baixou para dicirlles ás veciñas e veciños que chega a primavera...

Posted by AV De Salcedo on Luns, 15 de febreiro de 2021

Comentarios