Obituario: consternación en Monforte ao falecer aos 46 anos Susana Luaces Davila

Esta empregada de banca recibe este xoves o último adeus no cemiterio parroquial de Bóveda

Familiares e amigos darán este xoves o último adeus no cemiterio parroquial de Bóveda a Susana Luaces Davila, quen faleceu en Monforte o pasado martes aos 46 anos.

Empregada de banca, levaba anos vinculada a La Caixa, entidade da que fora directora na cidade do Cabe e na que continuaba traballando. Susana Luaces era natural de Bóveda, onde segue residindo a súa familia, aínda que ela estaba asentada en Monforte xunto ao seu marido, Javier López Quiroga, redactor de El Progreso.

O seu falecemento causou consternación en toda a comarca, onde era unha muller moi coñecida pola súa actividade profesional e onde deixa un gran recordo entre todos os que a trataron. Descanse en paz.

Comentarios