"Non lle envexo nada ao outro sexo, as mulleres somos o futuro"

Noa Mazaira acaba de gañar por segunda vez o campionato galego de doma clásica aos seus 14 anos

Noa Mazaira. SUSO MAZAIRA
photo_camera Noa Mazaira. SUSO MAZAIRA

1. Que é o que máis lle gusta e lle desgusta de practicar a disciplina da doma clásica como amazona?
Gústame que se necesita entender o cabalo, é imprescindible unha conexión e equilibrio entre a amazona e o cabalo para poder facer movementos e figuras bonitas.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...
Volvería practicar a doma clásica.

3. O soño que se lle repite na súa vida é...
Poder chegar a ter un bo nivel para poder competir polo mundo.

4. Estraña algo do que foi deixando atrás?
Algún poni ao que lle collín un cariño especial e que pola idade non o puiden montar xa máis; pero polo resto, de momento nada máis.

5. Hai algún persoaxe a quen admire?
Á amazona española de doma clásica Beatriz Ferrer-Salat Serra di Migni, quen compite a nivel olímpico.

6. Algunha frase ou cita que lle inspire?
Si se traballa e se intenta, todo é posible.

7. Cal foi o capricho máis caro que mercou?
Un poni!

8. Cal é o seu ben material máis prezado?
O Iphone.

9. Ten algo que envexar ao outro sexo?
Non [risos]. As mulleres somos o futuro.

10. Que libro ten enriba da mesiña de noite?
Verdad, de Care Santos.

11. Nunca sae da casa sen levar consigo...
O Iphone!

12. Algo que nunca falte na súa neveira...
Iogur.

13. Pérdea un bo...
Xeado.

14. Unha prenda que desteste moito...
As saias.

15. As súas mellores vacacións foron...
Unha viaxe a Londres.

16. A súa viaxe máis desexada sería a...
Ás Bahamas.

17. A paisaxe que máis o impresionou...
Onde vivo, en plena Ribeira Sacra.

18. E cal é a súa materia pendente?
Gustaríame ver as auroras boreais. E tamén asistir a un festival coas miñas amigas, pero esto é máis doado! 

"Comparto a medalla co entrenador e co cabalo"
 1. Como e cando descubriu a paixón por este deporte?
Acórdome dese día perfectamente. Ía cunha amiga para ver os cabalos a unha hípica porque a ela lle gustaban, demos un paseo nun poni e a partir de aí quedei enganchada a este mundo.
2. A súa irmá, Andrea, proclamouse a mellor no campionato galego por equipos. Este talento é cousa de familia?
Non! [risos], é casualidade. Eu comecei con seis anos neste mundo e a miña irmá Andrea ten nove. Cando eu adestraba, ela xa estaba pola hípica tamén. Ela foi dúas veces campiona galega, no 2016 e 2017, en ponis. Este quedou campiona por equipos e cuarta na súa categoría, non está mal.
3. Como se sinte ao gañar por segunda vez consecutiva a disciplina de doma clásica?
Pois con máis satisfacción que o ano pasado, xa que ademais viña de pásalo mal debido a unha lesión por unha caída nun cabalo grande. Ademais cambiei de categoría e de cabalo, a un pura raza galega que se levaba traballando pouco con el, e se portou como todo un campión, igual co entrenador Emilio Iglesias Bahamonde do Club Hípico Coles. Eles son os artífices deste triunfo. A medalla e tanto miña coma deles.
4. Como é a súa rutina para o adestramento?
Adestro dúas veces por semana no Club Hípico Coles. O meu preparador é Emilio Iglesias Bahamonde, un referente na doma clásica galega en ponis. Pola semana tamén practico na casa, co cabalo que teño.
5. Cal é o seu próximo obxectivo neste deporte?
Seguir como ata agora, pouco a pouco, con obxectivos realistas, volver gañar para o ano e seguir adquirindo máis técnica para poder competir no Campeonato de España. 
Moi 

Comentarios