martes. 07.07.2020 |
El tiempo
martes. 07.07.2020
El tiempo

Non houbo roscas abondas en Sober

Os veciños deron boa conta das 2.000 racións de rosca que se repartiron na degustación gratuíta. EP
Os veciños deron boa conta das 2.000 racións de rosca que se repartiron na degustación gratuíta. EP
▶ Os veciños deron boa conta das 2.000 racións de rosca que se repartiron na degustación gratuíta

A NADA CHEGARON en Sober as 2.000 racións de rosca que se repartiron na degustación gratuíta no marco da feira de exaltación deste produto, típico da parroquia de Millán. Veciños e visitantes puideron probar a rosca acompañada de queixo xa que na xornada anterior, a do domingo, servírase con licor café e mel.

A receita deste doce é moi aprezada na Ribeira Sacra e as rosqueiras de Millán son as que a manteñen viva. Pero, ademais de gastronomía, as persoas que estiveron na vila puideron  gozar da música do grupo Airiños de  Orbazai. E para baixar as roscas probaron viño acudindo ao Terceiro Tunel do Viño Amandi, onde se reuniron trinta adegueiros que se esforzaron en  promocionar medio centenar de caldos entre os asistentes.

As 'Ohlimpiadas' chegaron a Monforte
Os nenos foron os grandes protagonistas da xornada do luns no marco das festas patronais de Monforte,  xa que desfrutaron ao máximo cos espectáculos de animación na rúa. Na Praza de España puideron ver a proposta da formación Sincronacidas, que presentou unhas peculiares Ohlimpiadas! nas que dúas limpadoras aburridas da rutina diaria entraron no mundo da ilusión e retransmitiron a súa xornada laboral como se dunha competición olímpica se tratase. O nenos escacharon coa risa e aplaudiron moito a proposta. No resto da xornada destacaron a actuación de Xograres de Lemos, o concerto da formación soberesa Os Parentes e o espectáculo en vivo na explanada da Compañía, xa á medianoite, de Dvicio.


 
Láncara revive vellos traballos de campo 
ASOCIACIÓN Val de Láncara recuperou un ano máis a tradicional malla, na que participaron  veciños e visitantes. Foi unha xornada festiva na que recrearon este traballo agrícola acompañados de música e repoñendo forzas co petisco coñecido como parva e unha comida popular.

Non houbo roscas abondas en Sober
Comentarios