domingo. 23.01.2022 |
El tiempo
domingo. 23.01.2022
El tiempo

Morre un home de 91 anos cando alimentaba as súas abellas en Pantón

Una colmena. PIXABAY
Una colmena. PIXABAY
Todo apunta, á espera de practicarlle a autopsia, que as causas da morte foron naturais

Un home de 91 anos de idade perdeu a vida na tarde deste xoves no municipio de Pantón. O corpo foi achado polos seus familiares nunha leira da súa propiedade na que desde hai anos ten varias colmeas e onde acudiu para darlle un suplemento alimenticio ás abellas que nesta época do ano están en invernación.

Unha ambulancia do 061 desprazouse ata o lugar situado no lugar de Cima de Atán, na contorna de Guítara, pero os sanitarios só puideron certificar o falecemento deste home de nome Ramón.

Todo apunta, á espera de practicarlle a autopsia, que as causas da morte foron naturais, non debidas picaduras de abellas.

Os coñecedores da apicultura din que é moi improbable que lle picaran nesta época do ano.

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, mostrou o seu pesar polo ocorrido. Indicou que en Cima de Vila era unha persoa moi coñecida. Residía en Ourense, pero achegábase ata o seu lugar natal con asiduidade para atender a casa familiar e as colmeas da súa propiedade.

Morre un home de 91 anos cando alimentaba as súas abellas en Pantón