martes. 22.10.2019 |
El tiempo
martes. 22.10.2019
El tiempo

Monforte e Monterroso acollerán cursos de banca e comercio electrónico para mulleres do rural

Banca electrónica
Banca electrónica

O obxectivo é diminuír a fenda dixital, fomentar o apoderamento financeiro e a autonomía económica

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, formará a mulleres en novas tecnoloxías a través de obradoiros que se impartirán en oito concellos galegos –entre eles Monforte e Monterroso– entre finais do mes de setembro e mediados de novembro.

A Escola para o apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica é unha aposta pola formación en novas tecnoloxías entre as mulleres do rural galego co fin de diminuír a fenda dixital, fomentar o apoderamento financeiro e a autonomía económica nun contexto no que o número de oficinas bancarias diminúe progresivamente e no que as transaccións de bens e servizos a través da rede están á orde do día.

Entre os obxectivos deste obradoiro de formación está que as asistentes adquiran coñecementos e habilidades relacionadas coa Sociedade da Información (banca electrónica, comercio electrónico) e , así mesmo, coñezan os seus dereitos como persoas consumidoras e as ferramentas existentes que permiten o exercicio dos mesmos.

UCGAL e a Secretaría Xeral de Igualdade colaboran por primeira vez nun proxecto que busca facilitar a participación das mulleres no entorno dixital e reforzar as súas competencias neste eido ao fin de facelas partícipes dos avances que proporciona a sociedade da información.

Instrutores cualificados e con experiencia tanto en novas tecnoloxías como no ámbito do consumo encargaranse de impartir estes obradoiros . En Monforte celebrarase en horario de 17.00 a 19.00 horas os días 7 e 9 de outubro e 14 e 16 de outubro. En Monterroso será os días 5 e 6 de novembro e 12 e 13 de novembro en horario de 16 a 18.00 horas. 

As actividades levaranse a cabo nas aulas CEMIT dos concellos e a súa duración será de oito horas, repartidas en catro sesións de dúas horas cada unha. O número de prazas é limitado. As inscricións realizaranse chamando ao 981 56 64 11 ou enviando un correo electrónico a [email protected]

Sin nombre

Monforte e Monterroso acollerán cursos de banca e comercio...