Monforte conmemora o centenario da cuarta asemblea nacionalista

Olalla Rodil encabezou o acto, no que se foron homenaxeados os históricos do nacionalismo do sur de Lugo
Os homenaxeados. M.P
photo_camera Os homenaxeados. M.P

A vicevoceira nacional do BNG, Olalla Rodil, participou esta domingo en Monforte nos actos organizados para conmemorar os cen anos da cuarta asemblea nacionalista das Irmandades da Fala, que acolleu a cidade do río Cabe.

Rodil acudiu en troques da voceira nacional, Ana Pontón, que asistiu á concentración polas vítimas do pesqueiro galego afundido en Terranova.

Olalla Rodil, no acto.M.P
Olalla Rodil, no acto. M.P

Olalla Rodil participou nun coloquio na casa da cultura moderado pola responsable comarcal do BNG, Rosana Prieto, no que interviron militantes nacionalistas durante o franquismo.

Ao final do acto en San Vicente, que se pechou cunha actuación de Mini, houbo un recoñecemento os militantes históricos do nacionalismo na zona sur de Lugo.

Coloquio nos actos conmemorativos da I Asemblea Nacionalista de Monforte. M.P.
Coloquio nos actos conmemorativos da Asemblea Nacionalista de Monforte. M.P.

Comentarios