Indignación no PP de Monforte tras a aparición do cartel dunhas obras en catalán

Desde o Concello aseguran que o valo foi colocada por un particular e que o tráfico xa se reactivou a media mañá deste xoves
Cartel en catalán en unas obras realizadas en Monforte. PP
photo_camera Cartel en catalán nunhas obras realizadas en Monforte. PP

O PP de Monforte mostrou a súa indignación este xoves logo que de que o cartel de aviso de obras situado no Paseo de Lugo e a rúa Carude contivera o texto en catalán. 

Para Katy Varela, voceira do PP, "este é un exemplo máis do descontrol e da mediocridade que existe na xestión do goberno local, que nin tan sequera fai un seguemento de cuestións tan simples coma esta". 

A popular recoñece que "non ten nada en contra desta lingua, pois en Galicia, tamén nos sentimos orgullos da cooficialidade do galego co castelán, pero o que non é de recibo é que o aviso de que se van a levar a cabo obras nestas rúas non sexa en ningunha das nosas linguas que a Constitución non outorga aos galegos, senón noutra moi diferente como é a referida".

Varela considera que isto evidencia que "Monforte está sen rumbo e sen timón; situación que pode estar xerada, di, porque igual o alcalde lle está a dedicar máis tempo á Deputación que á nosa cidade".

RESPOSTA DO CONCELLO. Desde o concello de Monforte aseguran que o valo foi colocada por un particular que solicitou permiso para cortar o tráfico na Rúa Carude por unhas obras na súa casa.

O goberno municipal indica que o tráfico por esta vía reactivouse a media mañá deste xoves.

Comentarios