Momento de renovar o armario

Jimmy ofrece en Chantada prendas de todo tipo dalgunhas das máis coñecidas marcas de liña media-alta cunha atención moi próxima
María José e Roberto Failde, os encargados de Jimmy. EP
photo_camera María José e Roberto Failde, os encargados de Jimmy. EP

Chegou a primavera e toca renovar o armario coa vista posta na mellora do tempo e a chegada da calor. Camisetas, polos, chaquetas, pantalóns, suadoiros... Todo está en Jimmy, onde xa están preparados para a tempada que comeza. Esta tenda de moda de Chantada ten todo tipo de prendas das máis coñecidas marcas.

Destacan algunhas como Hackett London, Superdry, Panama Jack, El Ganso, Merc, Meyer, Geox, Fred Perry, Munich, Scotch&Soda, Les temps des cerises, Brax, Replay ou Helly Hansen.  Son firmas recoñecidas e demandadas por quen visita este establecemento que forma parte da asociación de empresarios e do Centro Comercial Aberto de Chantada.

Detrás do mostrador de Jimmy están Roberto Failde e a súa irmá, María José, ofrecendo un trato próximo aos seus clientes, dun rango de idade amplo, dende nenos ata adultos e persoas de 80 anos ou máis no caso dos homes. No das mulleres, están orientados a un público en idade moza.

Jimmy, tenda situada na Avenida de Monforte, tamén ofrece boas alternativas para eventos de todo tipo, como vodas, bautizos ou comuñóns. Roberto indica que teñen unha coidada selección de traxes, chaquetas americanas ou elegantes gravatas.

Outro dos aspectos que hai que ter en conta é que na propia tenda levan a cabo arranxos de roupa, no caso de que sexa necesario realizar algún tipo de retoque.

Traxectoria

Jimmy abriu en 2011. Nun primeiro momento fíxoo para vender as prendas que saían da fábrica de punto que puxeran en marcha os pais e os tíos de Roberto Failde e onde o único produto mercado que entraba era a la.

Co tempo, o negocio foi medrando ata transformarse no que é hoxe en día, un establecemento onde facerse con algunhas das mellores marcas. "A nosa evolución marcárona os clientes. Vimos que moita xente prefería marcas de liña media-alta, que é a nosa especialidade", indica Failde.