Mesón Escaleira gaña o décimo concurso de tapas de Quiroga

O establecemento vencedor recibiu 41 votos do público grazas ás súas 'Filloas recheas con sabores da terriña' e houbo 223 participantes no certame
A propietaria do Mesón Escaleira (centro), co diploma conmemorativo entre Beatriz Vila e Luís Manuel Arias. EP
photo_camera A propietaria do Mesón Escaleira (centro), co diploma conmemorativo entre Beatriz Vila e Luís Manuel Arias. EP

Mesón Escaleira foi o establecemento gañador da décima edición do concurso de tapas de Quiroga grazas ás súas Filloas recheas con sabores da terriña. A súa receita foi a preferida do público, cun total de 41 votos.

En segunda posición rematou Mesón Ferreiriño, con 37 votos. Foron nove os locais inscritos nunha edición que resultou un éxito de participación, con 223 tapacartóns debidamente cubertos.

O negocio campión recibiu de mans do concelleiro de xuventude, Luís Manuel Arias, e a delegada na zona sur da asociación provincial de empresarios de hostalería e turismo de Lugo (Apehl), Beatriz Vila, unha placa conmemorativa e cen euros en metálico.

Ademais, as persoas que cubriron os tapacartóns elixindo a súa tapa preferida entraron nun sorteo. Había numerosos premios en xogo.

Comentarios