Máis de 60 locais de Lugo ofrecerán tapas especiais este sábado nas xornadas 'Estase Cocendo'

Máis de 60 establecementos hostaleiros de 10 municipios do sur da provincia de Lugo participarán na nova edición de Estase Cocendo, unha iniciativa en ofrecerana tapas especiais e menús de cocido desde este sábado e até o 22 de marzo.

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, participou este venres na presentación desta iniciativa, que impulsa a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo e que chega xa á súa XII edición.

O programa completarase con visitas guiadas gratuítas por Monforte de Lemos, rutas a cabalo, quedadas de motos, e todo tipo de actividades de lecer, ademais de descontos en casas rurais e hoteis da zona no Mes do Cocido de Entroido na Ribeira Sacra. 

Comentarios