viernes. 03.07.2020 |
El tiempo
viernes. 03.07.2020
El tiempo

Luto en Sober pola morte do exalcalde Albino Vázquez

O home asumiu de forma provisional o posto durante un breve periodo de tempo

O Concello de Sober trasladou este sábado as súas condolencias pola morte de Albino Vázquez Fernández, alcalde provisional durante uns meses en 1979 antes das primeiras eleccións municipais.

Segundo destaca o Concello, Vázquez era "unha persoa moi querida en toda a comarca".

O home, que faleceu aos 92 anos, foi practicante e director do Banco Pastor.

O enterro terá lugar este domingo ás 11:00 horas na Igrexa de Sober, e os seus restos serán velados no Tanatorio Rivas de Sober.

Luto en Sober pola morte do exalcalde Albino Vázquez