sábado. 25.09.2021 |
El tiempo
sábado. 25.09.2021
El tiempo

Luis Manuel Arias: "Dar o paso de meterse en política sempre é difícil, e se es de dereitas aínda custa máis"

Cando naceu, Julio Álvarez levaba 14 anos coma alcalde de Quiroga. Con 20 acaba de entrar no equipo do veterán rexedor, sendo o edil máis novo do PP en Lugo. Tamén é presidente local de Novas Xeracións, posto no que sucedeu a senadora Rosa Arza

No ano 2000, Julio Álvarez vivía os primeiros meses do seu cuarto mandato coma alcalde de Quiroga. O rexedor colleu o bastón de mando por primeira vez no 1987, cando aínda quedaban 13 para que viñese ao mundo Luis Manuel Arias González. Con só 20 anos, este estudante de Enxeñería Forestal forma parte do equipo do alcalde que xa era veterán cando el naceu e que aínda hoxe goberna na vila. Acaba de asumir a área de xuventude do Concello de Quiroga, converténdose no edil máis novo que ten o PP en toda a provincia de Lugo. Ademais, é o presidente local de Novas Xeracións, cargo no que substituíu no seu día a actual senadora Rosa Arza. 

Luis Manuel Arias. EPCon que ánimos entra un rapaz de só 20 anos ao goberno da vila na que naceu? 
Con moita ilusión de facer moitas cousas por Quiroga e gañas de traballar ao carón de Julio Álvarez. Dunha persoa que leva 34 anos coma alcalde pódese aprender moitísimo. 

E como lle entrou a vostede ese gusto pola política? 
O meu pai leva toda a vida. Xa foi concelleiro con Julio, estivo ata o 1999. Iso facilítache moito todo á hora de recibir o apoio necesario para dar o paso. Tamén influíu o grupo municipal do PP. Dende pequeno estiven relacionado coa política, pero obviamente non puiden meterme ata que cumprín os 18, cando substituín a Rosa Arza coma presidente de Novas Xeracións en Quiroga. 

O meu pai leva toda a vida na política. O apoio da xente do meu arredor fíxome máis doado tomar esta decisión

Non é habitual ver a alguén tan novo asumindo o cargo de concelleiro. Resultoulle doado dar un salto tan importante? 
Dar o paso de meterse en política sempre é difícil e se es de dereitas aínda custa máis, sobre todo cando tes pouca idade, coma min. No meu caso debo dicir que resultou algo máis doado grazas ao apoio de toda a xente do meu arredor, que foi fundamental. Aínda así, no primeiro momento sempre xurden dúbidas, pero non me duraron moito. 

Vaise ocupar da área de xuventude. Que proxectos ten en mente? 
Agora vivimos unha situación moi complicada por mor da pandemia. Ademais estou comezando, levo moi poucos días e teño que mirar ben que é o que podo facer. O máis próximo é un concurso de fotografía que deixou encamiñado a anterior concelleira de xuventude, Ana Nogueira, que agora vaise ocupar doutra área. (Luis Manuel Arias colleu o sitio no pleno deixado por Ana Núñez, a número dous do PP nas últimas eleccións municipais). 

E que lle din os seus amigos e o resto de xente da súa idade en Quiroga? 
Felicitoume todo o mundo, tamén os amigos que teñen ideas políticas distinas ás miñas. O afecto que nos temos é recíproco e alegráronse moito por min.

Luis Manuel Arias: "Dar o paso de meterse en política sempre é...
Comentarios