A lista de Por Chantada, presentada ao completo

A formación municipalista celebrou un concorrido acto no Casino que tamén foi retransmitido a través das redes sociais
Antón Fente diríxese ao público durante o acto de Por Chantada. EP
photo_camera Antón Fente diríxese ao público durante o acto de Por Chantada. EP

A formación municipalista Por Chantada presentou ao completo a súa candidatura ás eleccións municipais do 28 de maio nun acto moi concorrido no Círculo Recreativo e Cultural da vila, máis coñecido coma Casino. Tamén foi posible seguir a xornada a través dun directo na rede social Instagram.

O aspirante á alcaldía, Antón Fente Parada, concorre por terceira vez co obxectivo de mellorar os resultados dos anteriores comicios. Conseguiu dous concelleiros (el e a número dous, Cruz Fernández) en 2019 e un en 2015. A lista de Por Chantada nesta ocasión está conformada por un total de 23 persoas.

Comentarios