Heroes con bastón: un agasallo aos usuarios da residencia Virxe do Carme de Sober

 O persoal do centro realizou un emotivo vídeo para animar aos maiores
Persoal da residencia Virxe do Carme de Sober. EP
photo_camera Persoal da residencia Virxe do Carme de Sober. EP

O persoal da residencia de maiores Virxe do Carme de Sober realizou un emotivo vídeo para animar aos usuarios deste centro, uns "heroes que non teñen capa...levan bastón".

O Concello de Sober compartiu no seu perfil de Facebook e agradeceu o traballo realizado por todo o persoal da residencia: "Grazas a todos e todas as traballadoras polo seu bo facer, polo seu inmenso labor e por este agasallo cheo de enerxía".

Ademais, o consistorio dedicou unhas palabras aos usuarios da residencia, dos que destacou "a súa forza e a súa vitalidade" nestes duros momentos. "Son os nosos heroes e as nosas heroínas", apuntou o Concello.

Comentarios