Grande Amore, Tropa do Carallo e Fillas de Cassandra, novas confirmacións do Castañazo

Estas tres bandas súmanse a Rastreros, Narco e Tremenda Jauría no cartel do regreso do festival chantadés
Grande Amore, durante un concerto nunha edición pasada do San Froilán en Lugo. EP
photo_camera Grande Amore, durante un concerto nunha edición pasada do San Froilán en Lugo. EP

O Castañazo conta con tres novas bandas no seu cartel. Grande Amore, Fillas de Cassandra e Tropa do Carallo estarán o 27 e o 28 de outubro en Chantada para actuar no festival, que vivirá a edición do seu regreso dende 2019, ano no que se celebrou por última vez.

Estes tres grupos súmanse aos xa confirmados de Rastreros, Narco e Tremenda Jauría, pero non serán os derradeiros do cartel. Actualmente, o abono para acudir os dous días ao evento pódese adquirir a un prezo de 35 euros, máis gastos de xestión, a través da web castanhazo.com.

Comentarios