Un motorista foi evacuado con feridas de consideración ao Hospital de Monforte, tras unha caída que sufriu ao fío da medianoite do martes ao mércores na LU-933.
O operativo activouse despois a chamada dun particular ao 112 Galicia, que indicaba que o motorista se atopaba tendido sobre o asfalto.
O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia informou o suceso, ademais da os sanitarios, aos Bombeiros de Lugo, aos axentes da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.