sábado. 11.07.2020 |
El tiempo
sábado. 11.07.2020
El tiempo

Un motorista sofre feridas de consideración en Monforte tras unha caída

Hospital de Monforte. TOÑO PARGA (AEP)
Hospital de Monforte. TOÑO PARGA (AEP)

Un motorista foi evacuado con feridas de consideración ao Hospital de Monforte, tras unha caída que sufriu ao fío da medianoite do martes ao mércores na LU-933.

O operativo activouse despois a chamada dun particular ao 112 Galicia, que indicaba que o motorista se atopaba tendido sobre o asfalto. 

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia informou o suceso, ademais da os sanitarios, aos Bombeiros de Lugo, aos axentes da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade. 

Un motorista sofre feridas de consideración en Monforte tras unha...