domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Unha escavación afondará nas orixes do mosteiro pantonés de Pombeiro

undefined
As escavacións desenvolveranse na área do Preguntoiro. EP

Unha nova campaña de escavacións arqueolóxicas afondarán nas orixes do mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro, en Pantón. Trátase dunha iniciativa que busca igualmente obter máis datos sobre o pasado da Ribeira Sacra.

As actuacións desenvólvense na área do Preguntoiro e están enmarcadas nun convenio de colaboración asinado entre a Xunta e o Concello de Pantón, cun orzamento de 24.000 euros.

Ata o vindeiro 6 de novembro, dez investigadores de institucións como a Universidade de Lisboa, o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC ou a Universidade Complutense de Madrid traballarán baixo a coordinación de Sonia García Rodríguez e a dirección de Xurxo Ayán.

O equipo céntrase no control da limpeza biótica da área onde se localiza o xacemento para realizar sondaxes arqueolóxicas, unha prospección intensiva de toda a contorna, o rexistro e interpretación de inscricións rupestres e a fotogrametría dixital dos vestixios coa finalidade de favorecer a súa caracterización espacial, cronolóxica e funcional.

Outro obxectivo é mellorar a visualización dos restos conservados de cara a súa visita por parte da cidadanía. Para divulgar a importancia deste xacemento e dos achados faranse visitas guiadas de luns a venres, ás 12.00 horas.

O mosteiro estaba conectado por unha calzada medieval co xacemento, onde a tradición oral sitúa unha antiga ermida na honra de San Xoán Degolado.

Unha escavación afondará nas orixes do mosteiro pantonés de Pombeiro
Comentarios