O enfermeiro José Portela Gómez-Macías, candidato do BNG en Taboada

Os nacionalistas farán un acto de presentación da candidatura o vindeiro sábado, día 25, no cuartel vello da localidade
O candidato do BNG en Taboada. EP
photo_camera O candidato do BNG en Taboada. EP

O BNG elixiu a José Portela Gómez-Macías coma candidato á alcaldía de Taboada nas vindeiras eleccións municipais, que terán lugar o 28 de maio. Trátase dunha persoa moi coñecida na vila polo seu traballo coma enfermeiro no centro de saúde.

O vindeiro sábado, día 25, a formación nacionalista desenvolverá un acto de presentación da candidatura no cuartel vello de Taboada a partir das 17.00 horas. Nel intervirán o cabeza de lista e os deputados do BNG no Parlamento de Galicia Xosé Luis Rivas Cruz, Mini, e Carme Aira Díaz.

Portela substituirá no primeiro posto da lista a Xosé Antón Ledo Pan, o anterior candidato. O BNG preséntase co obxectivo de recuperar o seu sitio no pleno da corporación, pois nas eleccións de 2019 quedou sen representación, e posibilitar un cambio de goberno en Taboada, onde o PP ostenta a maioría absoluta.

Comentarios