A duodécima carreira popular de Chantada será o 29 de abril

A proba estará aberta a participantes dende tres anos de idade e contará con distancias de 100, 500, 2.000, 5.000 e 10.000 metros, ademais dunha categoría adaptada
Alejandro Méndez (esquerda), membro do Clube Atletismo Chantada; co alcalde, Manuel Varela (centro); e o concelleiro de deportes, Diego Otero. EP
photo_camera Alejandro Méndez (esquerda), membro do Clube Atletismo Chantada; co alcalde, Manuel Varela (centro); e o concelleiro de deportes, Diego Otero. EP

A carreira popular de Chantada celebrarase o sábado 29 de abril, dende as 17.00 horas. Será a duodécima edición dunha proba aberta a participantes con idades a partir dos tres anos. Haberá distancias de 100 e 500 metros e dous, cinco e dez quilómetros, ademais dunha categoría adaptada.

Dende o Clube Atletismo Chantada, organizador da proba xunto ao Concello, definen o percorrido como "moi chan, asequible a todas as condicións". As inscricións están abertas a través da páxina web de Champion Chip Norte, ccnorte.com.

Comentarios