jueves. 04.06.2020 |
El tiempo
jueves. 04.06.2020
El tiempo

Detido un repartidor por roubar en locais de Chantada

Un coche de la Guardia Civil. ARCHIVO
Un coche de la Guardia Civil. ARCHIVO
"Coñecía perfectamente" os diferentes establecementos nos que cometeu os seus feitos delituosos "debido ao seu traballo

A Garda Civil detivo na localidade de Chantada (Lugo) a un veciño deste municipio de 44 anos de idade como presunto autor dun delito continuado de furto após aproveitar o seu traballo como repartidor para roubar en tres locais hostaleiros. 

Segundo informou o Instituto Armado, o presunto autor "coñecía perfectamente" os diferentes establecementos nos que cometeu os seus feitos delituosos "debido ao seu traballo ata hai poucas semanas como repartidor". 

As mesmas fontes apuntaron que o individuo accedía ao interior da barra, cociña ou ao almacén destes, e aproveitaba o descoido, a ausencia momentánea ou a ocupación dos responsables ou camareiros e dirixíase directamente ao lugar onde estes gardaban o diñeiro para pagar aos diferentes provedores. 

Deste xeito, este individuo, relataron as mesmas fontes, "levaba o seu botín en escasos segundos e sen revolver nada nin orixinar ningún tipo de dano". 

A persona detida en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial. 

Detido un repartidor por roubar en locais de Chantada
Comentarios