Jueves. 27.06.2019 |
El tiempo
Jueves. 27.06.2019
El tiempo

O deputado de Turismo responde ás "calumnias" do PP sobre os permisos dos catamaráns

Eduardo Vidal Baamonde, este xoves coa documentación dos catamaráns da Ribeira Sacra. EP
Eduardo Vidal Baamonde, este xoves coa documentación dos catamaráns da Ribeira Sacra. EP

"O Partido Popular está a danar a imaxe e o valor dun servizo", denuncia Eduardo Vidal

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, pediulle este xoves ao PP que rectificara as "gravísimas acusacións" sobre o servizo de catamaráns da Ribeira Sacra, despois de que os populares insinuaran que estes non contan cos permisos necesarios para navegar.

“Vai sendo hora de que o Partido Popular saiba que na política, como en todos os ámbitos da vida, non todo vale", dixo Vidal, mentres lle ensinaba aos medios de comunicación todos os permisos legais que garanten a seguridade das embarcacións.  "O Partido Popular está a danar a imaxe e o valor dun servizo, como o dos catamaráns, que é capaz de atraer a nosa provincia, á Ribeira Sacra en particular, a 60.000 persoas, como o fixo o ano pasado", proseguiu.

No caso de que o PP non rectificase, Baamonde está disposto a acudir á Xustiza persoalmente despois de que o acusaran de "falsear documentación pública". "Basta xa das mentiras e calumnias do Partido Popular. Porque esta é unha das milleiras que o PP emprega a cotío na súa particular forma de entender a política, facendo moito dano á cidadanía", sentenciou o deputado de Turismo.

O deputado de Turismo responde ás "calumnias" do PP sobre os...
Comentarios