viernes. 23.04.2021 |
El tiempo
viernes. 23.04.2021
El tiempo

Denuncian a desaparición de varios niños de cegoña en Chantada

Cegoñas a carón dun dos artiluxios. EP
Cegoñas a carón dun dos artiluxios. EP
As asociacións ecoloxistas advirten de que se están a empregar artiluxios "ilegais" para afastar a estes animais dos tellados

Os grupos Amigos das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción detectaron durante a realización do censo de cegoñas en 2021 diversos "artiluxios nos tellados de Chantada co fin de evitar a nidificación desta especie protexida".

Sinalan que estes “artiluxios anti-cegoñas non homologados de construcción caseira", son "moi perigosos a simple vista", e sinalan que "incluso algún poderia estar electrificado".

Ambas asociacións denunciaron ante as autoridades a proliferación deste tipo de perigosos artefactos e a "desaparición dalgún dos niños localizados na pasada tempada", feitos que descubriron co inicio do novo censo da especie para 2021. Destacan que este tipo de artefactos son "ilegais e a súa colocación e retirada de niños sen permiso das autoridades poden ser constitutivos de delito e polo tanto instan ás autoridades a intervir".

Estes grupos censaron o pasado ano un total de 46 niños de cegoña branca no concello lucense de Chantada. Estando un 78% deles sobre torres do tendido eléctrico de rodean Chantada, e un 1% sobre tellados de vivendas do centro urbano da vila.

As organizacións ecoloxistas "apelan á sociedade chantadina, ao concello de Chantada e ao resto de autoridades a avogar pola convivencia pacífica coas cegoñas e a aportar axuda especializada no caso de ter problemas graves con algún dos niños. Ambas organizacións se poñen á disposición de quen o precise a tal fin con tal de conseguir que a convivencia das cegoñas co ser humano non resulte letal para as aves nin molesta para ninguén".

Así dende o ecoloxismo agardan que a presente tempada de reproducción acade o éxito da enterior "cando 112 polos de cegoña voaron con éxito dende os niños desta especie situados na zona, cunhas niñadas de entre 4 e 5  polos por niño, feito que indica a riqueza do hábitat que circunda a vila".

Denuncian a desaparición de varios niños de cegoña en Chantada
Comentarios