Jueves. 23.05.2019 |
El tiempo
Jueves. 23.05.2019
El tiempo

Denuncian que Carballedo conta cun só médico ao non cubrir o Sergas unha baixa

Centro de saúde da Barrela, en Carballedo. EP
Centro de saúde da Barrela, en Carballedo. EP

Isabel González critica que "ducias de veciños non están sendo atendidos" e o único doutor que queda no centro de saúde "está desbordado

A voceira do PSOE en Carballedo, Isabel González, denunciou este luns que o centro de saúde da localidade conta desde hai dous días cun só médico porque o Sergas non cubriu unha baixa por vacacións. 

Segundo explica a formación nun comunicado, "ducias de veciños non están sendo atendidos" e o único doutor que queda no centro de saúde "está desbordado, pois está asumindo o traballo de dúas persoas". "Esiximos ao Sergas que solucione esta situación de inmediato", apunta González. 

A socialista explicou que antes de pechar o centro de saúde de Castro, Carballedo contaba con tres médicos. "Unha vez que o goberno autonómico do PP decidiu unificar este servizo no Centro de Saúde da Barrela, o Sergas negouse a cubrir a recente xubilación dun dos profesionais, pasando a ter dous e nos últimos días unicamente un", denuncia González.

A voceira do PSOE en Carballedo defende que os veciños "non estamos a recibir a atención sanitaria pública e de calidade á que temos dereito". "A Xunta está xogando coa saúde das persoas e iso non o imos permitir", apunta González, que censura que o PP busca "aforrar custes económicos sen pensar nas necesidades e peculiaridades de cada entorno".

CENTRO DE CASTRO. González lembrou que a Xunta "non deu ningunha resposta" ás iniciativas que presentou a corporación municipal e os socialistas na Deputación esixindo reabrir o Centro de Saúde de Castro. "O peche vai provocar a retirada progresiva doutros servizos existentes nesta parroquia como a farmacia ou o banco, facendo moito máis complexo o día a días destes veciños que viven no rural", engadiu González. 

Denuncian que Carballedo conta cun só médico ao non cubrir o Sergas...
Comentarios