Sufocado o incendio que calcinou 45 hectáreas en San Xoán de Río

Para a súa extinción foron mobilizados tres axentes, 11 brigadas, catro motobombas e tres helicópteros

 

Vista do incendio que afecta a San Xoán de Río. @BrifLaza
photo_camera Vista do incendio que afecta a San Xoán de Río. @BrifLaza

O incendio forestal rexistrado no concello de San Xoán de Río, na parroquia de Seoane de Argas, pertencente á parte da Ribeira Sacra de Ourense, quedou extinguido após queimar 45 hectáreas, 24 delas de monte arborado. 

A Consellería de Medio Rural indica que o lume quedou apagado ás 19.04 horas, despois de que comezase ás 13.33 horas e fora estabilizado ás 15.45. Para extinguir este incendio foron mobilizados tres axentes, 11 brigadas, catro motobombas e catro helicópteros. 

O departamento lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.