O coronavirus fixo mudar moitos plans e vidas. Desde o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra analizaron esta situación e quixeron crear un vídeo mediante o cal facer unha "achega de ilusión para os veciños e veciñas".
Esta iniciativa, que leva o nome de "Hoxe quedas na casa...", tamén se centra en futuros visitantes. A eles recórdalles os eventos dos que poderán gozar cando todo isto remate.
Por último, dende a asociación, lembran que están ante "un destino unido hoxe máis ca nunca que se enfronta agora a un dobre reto: reinventarse para levantarse de novo e loitar pola distinción da Unesco como Patrimonio da Humanidade no 2021".