O Concello de Taboada suspende o campamento de verán

Esta decisión ven determinada polo positivo dun dos monitores, e dende a entidade aseguran que están á espera das indicacións de Sanidade 
Campamento de Verán Taboada
photo_camera Nenos facendo actividades no campamento de verán. CONCELLO DE TABOADA

O Concello de Taboada suspende as actividades do campamento de verán debido ao positivo dun dos monitores. Dende o organismo aseguran que a reanudación das mesmas se levará a cabo seguindo os protocolos marcados por Sanidade, e piden ''sentidiño e precaución''.

Dende a coordinadora do campamento xa se puxeron en contacto con todas as familias afectadas por esta situación para comunicarlle a incidencia

Comentarios