O Courel instala pavimento de chapacuña en Seceda

A obra supuxo un investimento de case 33.000 euros con cargo ao plan único da Deputación e fondos do Concello

seceda
photo_camera A alcaldesa, Lola Castro, e o concelleiro de obras, José Antonio López, comproban o resultado dos traballos en Seceda. EP

O Concello de Folgoso do Courel vén de executar a obra de instalación de pavimento de chapacuña no núcleo de Seceda e no muro da Praza Alto de Vilela. Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Touzón y Fernández S.L. e están case rematados na súa totalidade.

A actuación fíxose con cargo ao plan único da Deputación e con fondos propios do Concello. O investimento total é de 32.902,43 euros.

"A obra supón unha aposta por preservar a identidade de Seceda e trae unha importante mellora de cara a súa conservación futura", valorou a alcaldesa, Lola Castro, que supervisou os arranxos acompañada polo concelleiro de obras, José Antonio López. Os traballos deben rematar antes do día 30.

Comentarios