O colexio Torre de Lemos lembra a Ucraína polo Día da Paz

Os alumnos viron imaxes das cidades dese país devastadas pola guerra e escoitaron o testemuño de Alina Shatalova, residente en España e con nai en Sober
O amarelo e o azul predominaron no Día da Paz no Torre de Lemos. EP
photo_camera O amarelo e o azul predominaron no Día da Paz no Torre de Lemos. EP

O colexio monfortino Torre de Lemos celebrou este luns o Día da Paz e fíxoo lembrando a Ucraína. As actividades desenvolvéronse no pavillón do centro, malia que inicialmente estaba previsto que foran na Rúa Cardenal. As baixas temperaturas motivaron o cambio de ubicación.

O programa deseñouse co lema 'Todos con Ucrania' e comezou co himno dese país. Despois de escoitalo, os alumnos e alumnas do Torre de Lemos levantaron as pombas da paz feitas para ocasión e uns globos coas cores amarela e azul, as da bandeira ucraína. A continuación visualizaron un vídeo con imaxes das principais cidades devastadas pola guerra, con son real.

Un grupo de nenas e nenos, con globos das cores da bandeira ucraína. EP
Un grupo de nenas e nenos, con globos das cores da bandeira ucraína. EP

Logo de escoitar unha canción sobre a paz, os estudantes leron varios manifestos. Foi antes do acto que máis impactou á comunidade educativa do colexio, a intervención por videoconferencia de Alina Shatalova, cidadá ucraína residente en España. A súa nai vive en Sober. A muller contou como foi a odisea da súa familia, residente en Mariupol, unha das cidades máis castigadas pola guerra. O relato abraiou os nenos.

Os actos no Torre de Lemos remataron con peticións para que o conflito bélico remate e coa interpretación do himno do Antigo Reino de Galicia.

Dúas estudantes amosan o seu apoio a Ucraína. EP
Dúas estudantes amosan o seu apoio a Ucraína. EP

Comentarios