miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

Un coche derruba un semáforo de madrugada no centro de Monforte

O coche tamén destrozou unha árbore e un sinal. MIGUEL PIÑEIRO
O coche tamén destrozou unha árbore e un sinal. MIGUEL PIÑEIRO
O vehículo circulaba pola Avenida de Galicia, dende a Rúa Cardenal, e chocou ao perder o condutor o control e saírse da calzada

Un vehículo chocou na madrugada do sábado ao domingo contra un semáforo en pleno centro de Monforte, na Avenida de Galicia. O accidente, ocorrido arredor das 4.00 horas, provocou a derruba da estrutura.

O condutor implicado circulaba en dirección á ponte nova e a Rúa Chantada, procedente da Rúa Cardenal. Ao xirar perdeu o control do vehículo e saíuse da vía, indo contra o semáforo, un sinal de tráfico e unha árbore ornamental, que tamén foron arrincadas polo forte golpe. Fontes consultadas por este xornal indicaron que non houbo que lamentar danos persoais.

A zona permanecía este domingo marcada pola Policía Local, coa árbore arrincada aínda no chan e co semáforo e o sinal xa retirados. Moitos peóns comentaron o acontecido, sorprendidos pola ausencia dun semáforo que, ademais, é moi importante, pois alterna o paso dos vehículos co dos peóns nun dos puntos do casco urbán monfortino con máis tránsito rodado.

Un coche derruba un semáforo de madrugada no centro de Monforte
Comentarios