Por Chantada organizará a segunda romaría galeguista do Faro

A formación municipalista escolleu a data do día 16 para o evento, que comezará ás 12.00 horas na capela e rematará cun xantar
Asistentes á primeira edición da romaría galeguista do Faro. EP
photo_camera Asistentes á primeira edición da romaría galeguista do Faro. POR CHANTADA-CUP

Por Chantada organizou para o vindeiro día 16 a segunda edición da súa romaría galeguista. Comezará ás 12.00 horas, diante da capela do Faro. Seguidamente haberá un xantar de confraternidade, que terá lugar a partir das 14.00 horas.

As persoas interesadas en inscribirse deben dirixirse por WhatsApp ao número de teléfono 687.85.81.64 ou ao enderezo electrónico [email protected].

Dende a formación municipalista destacaron que deste xeito recuperan "unha tradición das mulleres e homes do Partigo Galeguista de Chantada, formación que chegou a reunir máis de 90 afiliacións nos meses previos ao referendo do Estatuto de autonomía hai agora 86 anos".

Comentarios