sábado. 19.06.2021 |
El tiempo
sábado. 19.06.2021
El tiempo

Chantada acolle a fase de ascenso a Primeira División Autonómica feminina

Cartel da competición. CB CHANTADA
Cartel da competición. CB CHANTADA
Na competición participa o Ensino Lugo
 

O Club Baloncesto Chantada anunciou este xoves que a localidade acollerá o 5 de xuño a fase de ascenso a Primeira División Autonómica feminina. 

Este evento será organizado xunto co Ensino Lugo, con quen ten un vínculo importante. 

Dende o club aseguran que "a unión de forzas fai que se achegue o baloncesto feminino á localidade da Ribeira Sacra e amosa a súa aposta polo deporte e a colaboración".

Na competición participan o CB Noia Portus Apostoli, o Bosco Salesianos, o Apóstol e o Ensino Lugo. 

Chantada acolle a fase de ascenso a Primeira División Autonómica...
Comentarios