sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

O BNG reclama a rehabilitación integral da N-120 para convertela "nunha estrada do S. XXI"

Tramo de la N-120 con alta concentración de accidentes. AEP
Tramo de la N-120 con alta concentración de accidentes. AEP

Rego incide no carácter "prioritario" da reparación da "única arteria de circulación" nestas zonas do interior galego e que conta con "tramos moi perigosos e cun trazado en moi mal estado"

O BNG reclamou ao Goberno que articule partidas orzamentarias para levar a cabo unha rehabilitación integral da N-120 e facer desta "unha estrada do século XXI" a través da repación do firme nos tramos "máis perigosos e con maior desgaste". 

A petición foi formulada polo deputado nacionalista no Congreso Néstor Rego, que rexistrou unha batería de iniciativas nas que insta o Executivo central a acometer estas obras "canto antes". 

"As características xeográficas e histórico-patrimoniais das comarcas de Ourense e Lugo Sur supoñen unha dificultade engadida para acometer obras e novas infraestruturas, pero iso non pode seguir servindo de escusa para atrasar os investimentos imprescindibles para conseguir vías de comunicación adecuadas", manifestou Rego. 

Nun comunicado, o deputado frontista incide no carácter "prioritario" da reparación da "única arteria de circulación" nestas zonas do interior galego e que conta con "tramos moi perigosos e cun trazado en moi mal estado". 

Rego tamén reclama que se aumenten os carrís alí onde sexa posible, xa que entende que a proximidade de vivendas á vía podería ocasionar problemas de seguridade. 

Entre os tramos sinalados polo Bloque están os que discorren na comarca de Valdeorras entre Rubiá e O Barco, especialmente o que une a cabeceira comarcal coa Rúa, Quiroga e A Pobra do Brollón, así como o comprendido entre Monforte e O Castro de Ferreira. 

"Cunha pirámide de poboación descendente e con enormes dificultades socioeconómicas agravadas pola crise sanitaria e a perda de servizos públicos comarcais, é preciso e primordial atender ao desenvolvemento dos territorios que as conectan", remarcou Néstor Rego. 

O BNG reclama a rehabilitación integral da N-120 para convertela...
Comentarios