O BNG presentou a súa candidatura ás municipais en Taboada

O enfermeiro José Portela falou das súas propostas en compañía doutros integrantes da lista nun acto no que tamén interviron Maite Ferreiro, Carme Aira e Xosé Luís Rivas, 'Mini'

O acto de presentación da candidatura do BNG. EP
photo_camera O acto de presentación da candidatura do BNG. EP

O BNG presentou a candidatura coa que se presentará ás eleccións municipais do 28 de maio en Taboada. O aspirante a alcalde, o enfermeiro José Portela, interveu en compañía doutros integrantes da lista, coa que a formación nacionalista espera recuperar a súa presenza no pleno da corporación e favorecer un cambio político na vila.

No acto celebrado no salón de actos do cuartel vello de Taboada estiveron a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e os deputados no Parlamento de Galicia Carme Aira e Xosé Luís Rivas, Mini.

Comentarios