O BNG leva ao Parlamento a ausencia de ambulancia medicalizada na Ribeira Sacra

Olaia Rodil denuncia que a a área sanitaria de Monforte de Lemos é a única que carece deste servizo

Olalla Rodil. EP
photo_camera Olalla Rodil. EP

A parlamentaria do BNG Olaia Rodil anunciou que o seu grupo demandará na Cámara autonómica un incremento do número de ambulancias na zona sur da provincia de Lugo, dado que a área sanitaria de Monforte de Lemos é a única que carece dun transporte "medicalizado" para o traslado de pacientes en estado grave.

En declaracións aos medios de comunicación, Rodil non dubidou en cualificar a falta dunha ambulancia medicalizada nunha zona tan grande da provincia de Lugo "como un feito grave", ademais de recordar que os profesionais sanitarios levan tempo "demandando unha mellora do servizo", tendo en conta de que só hai "tres ambulancias repartidas entre Chantada, Monforte e Quiroga".

"Os municipios do sur de Lugo contan na actualidade cun servizo de urxencias sanitarias -061- absolutamente deficiente para atender ás necesidades do conxunto da poboación que habita ese extenso territorio", engadiu Rodil.

De feito, o BNG precisou que este xoves se puxo de manifesto esa situación, cando un condutor "que comezou a convulsionar" saír da vía en Monforte e cando outros usuarios da vía chamaron ao 061 "non había ningunha ambulancia dispoñible" e o "centro de coordinación tivo que enviar unha desde Ourense".

"A área sanitaria de Monforte é a única da provincia que non conta cunha ambulancia medicalizada que si teñen en Lugo e A Mariña", aclarou, porque as bases de Monforte, Chantada e Quiroga "só contan con vehículos de soporte vital básico", que teñen que dar servizo a un "territorio extenso e orográficamente moi complexo". 

Comentarios