martes. 25.02.2020 |
El tiempo
martes. 25.02.2020
El tiempo

Benedicta Sánchez será a pregoeira da Feira do Viño de Amandi

Benedicta Sánchez. VICTORIA RODRÍGUEZ
Benedicta Sánchez. VICTORIA RODRÍGUEZ

"Representa perfectamente a esa muller heroica imprescindible na viticultura de Amandi", precisa o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián

O Concello de Sober anunciou este venres que Benedicta Sánchez, gañadora dun Goya por O que arde, será a pregoeira da XL Feira do Viño de Amandi, que este ano se vai celebrar os días 18 e 19 de abril.

O goberno local precisa que Benedicta "é unha muller do mundo rural que perfectamente identifica ás mulleres de Sober que traballan na viña e na adega na procura dun viño que solo se consigue a base de traballo, traballo e traballo".

"Por todo o que sabemos dela e da súa traxectoria Benedicta é unha muller loitadora e parécenos que encarna uns valores que, ademais de identificar ás mulleres de Sober, son valores que é importante transmitir ás xeracións vindeiras, por iso agradecemos a súa presenza na feira deste ano", explica o rexedor, Luis Fernández Guitián.

"A muller é imprescindible na viticultura de Amandi e Benedicta representa perfectamente a esa muller heroica", engade.

A actriz corguesa ofrecerá o pregón da XL Feira do Viño de Amandi o domingo 19 de abril ao mediodía. 

Benedicta Sánchez será a pregoeira da Feira do Viño de Amandi
Comentarios