Unha avaría na rede deixa parroquias de Monforte sen auga varias horas

Un grifo. PIXABAY
photo_camera Un grifo. PIXABAY

Unha avaría producida na rede de suministro das parroquias deixou este sábado sen auga moitas vivendas de Monforte. O Concello informou da incidencia e arredor das 19.00 horas precisoulle a este diario que o colapso estaba arranxado. 

O suministro comezou a retomarse na tarde do sábado. Aínda así, ao peche desta edición algunas parroquias permanecían todavía sen auga. 

Dende o Concello explicaron que a volta do suministro puido darse naquelas parroquias que están á mesma altura que a rede. Nas que se atopan a máis altitude tardou máis.

Comentarios