jueves. 13.05.2021 |
El tiempo
jueves. 13.05.2021
El tiempo

Auxilian a dúas camiñantes en Sober e Pantón

Sanitarios do 061 prestan atención a unha das feridas, viguesa. EP
Sanitarios do 061 prestan atención a unha das feridas, viguesa. EP
Ambos foron trasladados ao centro hospitalario de referencia

En Sober, case as tres e media desta tarde, un particular informaba ao 112 Galicia de que a súa compañeira se lesionara cando realizaba a ruta de Augas Mestas, á altura de Doade, no concello lucense de Sober. Ademais de solicitar axuda sanitaria para a ferida, indicaba que se atopaban nun lugar con dificultades de acceso para a ambulancia.

Así, con estes datos, desde o 112 Galicia ademais de informar aos servizos sanitarios de urxencias, solicitouse a colaboración dos Bombeiros de Monforte, que acudiron ao lugar cun vehículo adecuado para tal fin.

Tras atopar á ferida, trasladárona ata onde a agardaba unha ambulancia para ser derivada ao centro hospitalario de referencia.

Os xestores do 112 tamén informaron do suceso á Garda Civil e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Por outra banda, ao fío das 18.00 horas deste domingo, tamén unha persoa particular informaba ao 112 Galicia doutra moza ferida ao sufrir unha caída cando facía unha ruta de sendeirismo, neste caso, tratábase da Ruta que vai de Pombeiro a San Cosme, no concello lucense de Pantón.

Decontado, desde o 112 pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tamén solicitou apoio ao 112 para chegar ata a ferida, posto que o acceso para a ambulancia tamén era complexo.

Por iso, foron novamente requiridos os Bombeiros de Monforte para colaborar na evacuación da ferida.

Ao igual que no caso de Sober, os axentes da Garda Civil tamén foron informados do suceso polo 112 Galicia.  

Finalmente, tras localizar á moza, os Bombeiros xunto co equipo médico, inmobilizárona e trasladárona ata a ambulancia para ser derivada ao Hospital de referencia.

Auxilian a dúas camiñantes en Sober e Pantón