No aniversario da morte de Alma, Pacma esixe endurecer as penas por maltrato animal

O partido animalista entregou 235.000 sinaturas no Congreso con este obxectivo
Los seis cachorros de Alma, la perra maltratada en Chantada EP
photo_camera Os seis cachorros de Alma, a cadela maltratada en Chantada. AEP

O Partido Animalista – Pacma entregou no Congreso dos Deputados esta mañá, xusto no aniversario da morte de Alma, 235.000 sinaturas para esixir o endurecemento do Código Penal para os delitos de maltrato animal. No cabo de ano da morte de Alma, a cadela que foi disparada, atada polo pescozo e arrastrada moribunda por un cazador de Chantada, Pacma pide xustiza para ela e para todos os animais maltratados.

A presidenta da formación, Laura Duarte, entregou ao Goberno unha carta apoiada por 235.000 sinaturas de persoas na que urxe a impulsar, sen máis demoras, unha reforma do Código Penal que garanta que "os maltratadores de animais cumprirán condeas exemplares, verdadeiramente disuasorias".

Ver máis: Los cachorros de Alma, la perra tiroteada en Chantada, ya están en acogida

Ademais, dende Pacma dirixiron unha carta a todos os grupos parlamentarios, a quen pide que se impliquen na loita contra o maltrato animal e que apoien ou impulsen unha reforma do Código Penal para rematar co maltrato animal.

Dende Pacma sinalan a urxente necesidade desta medida, unha reivindicación histórica do movemento animalista en España, para acabar coa impunidade que gozan os maltratadores de animais. 

Comentarios