Ampliado ata este xoves o prazo para participar coma cabezudo nas festas patronais de Monforte

Desfilarán polas rúas da cidade o domingo e haberá una pequena remuneración para os participantes
Desfile de cabezudos nunha edición anterior das festas. AEP
photo_camera Desfile de cabezudos nunha edición anterior das festas. AEP

O Concello de Monforte amplía o prazo para que as persoas que desexen participar como cabezudos e xigantes nas Festas Patronais 2022, en concreto ata este xoves 11. Para elo, deberán realizar a pertinente inscrición nas oficinas do rexistro municipal, situadas na casa consistorial entre as nove da mañá e as dúas da tarde. O Concello dispón aínda de prazas para realizar esta actividade e asignarase por rigorosa orde de inscrición.

Os cabezudos percorrerán as rúas do centro da cidade este domingo 14  en horario matinal. Esta actividade terá unha remuneración económica de 25 euros e para poder participar nela, ademais de realizar a inscrición no rexistro, haberá que ser maior de idade ou, no caso de ser menor, contar coa preceptiva autorización dos pais ou titores.

Xunto coa solicitude a persoa solicitante deberá presentar copia do seu Documento Nacional de Identidade e no caso de ser menor ademais da autorización dos pais ou titores debe achegarse tamén a fotocopia do DNI da persoa que autorice a participación da persoa solicitante.

Comentarios