Descanso na competición da Primeira mini polos adestramentos das preseleccións galegas

Dúas xogadoras do Sarria, outras dúas do Burela e un xogador do Estudiantes foron convocados para a xornada de traballo celebrada en Marín. Ademais, o sarriao Adrián López dirixe o cadro feminino

Esta fin de semana a Primeira mini tivo xornada de descanso, xa que deixou paso aos adestramentos das preseleccións galegas para o Campionato de España, que terá lugar en abril. A nova concentración de traballo celebrouse en Marín con 16 xogadores e xogadoras en cada categoría.

Na feminina, o adestrador do CB Sarria, Adrián López, dirixe o cadro técnico e foron convocadas catro xogadoras de dous clubs lucenses: María Grandas e María Parga, do Sarria, e Natalia Basanta e Alina Rodríguez, do Burela. No caso da masculina, a representación provincial foi por parte de Kingzton John, do Estudiantes Lugo. 

En canto á vindeira xornada da liga regular autonómica, na masculina o Sarria recibirá no Novo Pavillón do Chanto ao BBCA e o Estudiantes viaxará para enfrontarse contra o Básquet Coruña. Na feminina, o Sarria e o Burela xogarán coma visitantes ante o Básquet Coruña e o Montrove, respectivamente.

 
1º MINI MASCULINA - GRUPO NORTE A

Próxima xornada 

Sarria - BBCA
Básquet Coruña - Estudiantes
Basket Ferrol - Baxi Ferrol
  
 
1ª MINI FEMININA - GRUPO NORTE

Próxima xornada

Básquet Coruña - Sarria
Montrove - Burela
Costa Ártabra - Baxi Ferrol