O Estudiantes asegúrase o liderado da primeira fase coa vitoria sobre o Básquet Coruña

Os celestes lideran a clasificación masculina con 18 puntos a falta dunha xornada para rematar a liga regular e o Sarria confirmou a súa participación na segunda fase

O Sarria e o Estudiantes conseguiron dúas vitorias na categoría masculina. En canto á feminina, as amarelas e o Burela xogaron fóra, pero só o equipo de Sarria volveron á casa cunha vitoria.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

O Estudiantes conseguiu certificar o primeiro posto do grupo norte a falla dunha xornada ao gañarlle ao Básquet Coruña. Os celestes, que poden acabar a primeira fase invictos se gañan tamén a xornada que vén, acumulan 18 puntos. O duelo desta fin de semana celebrouse na cidade herculina e conseguiron levarse o triunfo por 53-73.

O Sarria, que tamén se levou os dous puntos contra o BBCA, suma agora un total de 15 co que asegura o pase á segunda fase. Os amarelos impuxeron un alto ritmo dende o inicio, con rápidas transicións e dominio do rebote, que lle permitiu sentenciar un marcador de 69-19.

 
1º MINI MASCULINA - GRUPO NORTE A

Resultados xornada 9

Sarria 69-19 BBCA
Básquet Coruña 53-73 Estudiantes
Basket Ferrol 67-56 Baxi Ferrol

Próxima xornada

BBCA - Basket Ferrol
Baxi Ferrol - Básquet Coruña
Estudiantes - Sarria
 

 

Feminina

Na competición feminina o Sarria mantén o segundo posto con 15 puntos. Esta xornada viviu un partido con altibaixos fronte ao Básquet Coruña. As amarelas non comezaron ben, estiveron moi desacertadas, pero no terceiro cuarto aproveitaron o baixo ritmo das locais para castigalas no marcador. Chegaron ao último cuarto igualadas e grazas a unha fantástica defensa leváronse o partido.

O Burela, pola contra, non conseguiu impoñerse ao Montrove. As de Oleiros ocupan o primeiro posto na clasificación e impuxeron a súa calidade para vencer ao conxunto laranxa.

 
1ª MINI FEMININA - GRUPO NORTE

Resultados xornada 9

Básquet Coruña 34-48 Sarria
Montrove 76-26 Burela
Costa Ártabra 42-74 Baxi Ferrol

Próxima xornada

Sarria - Costa Ártabra
Baxi Ferrol - Montrove
Básquet Coruña - Burela